46
Fíxoo con 535 votos a favor, 56 en contra e cinco absteciones. O si do Parlamento á investidura do seu Goberno dábase por descontado, xa que lle apoian todas as forzas políticas, excepto os ultradereitista Irmáns de Italia. O novo primeiro ministro italiano, expresidente do Banco Central Europeo, ten por obxectivo «reconstruír» o país, duramente golpeado pola crise sanitaria e económica. Por algo lle chaman ‘Super Mario’, xa que foi quen salvou á zona euro da catástrofe. Este economista, de 73 anos, comprometeuse tamén a loitar contra a corrupción que castiga o tecido económico e a libre competencia, e a impulsar unha reforma da Xustiza.