Marlaska ordena intensificar a protección das vítimas ante o repunte do ‘terrorismo machista’

O Ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska_Fonte: @desdelamoncloa

O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, ordenou ás forzas de seguridade intensificar as medidas de protección ás vítimas de violencia machista e que as valoracións de risco policiais primen as actuacións «máis favorables» para as mulleres e os seus fillos. Marlaska mostraba a súa “profunda frustración” e a da sociedade ante o repunte de asasinatos machistas este mes de decembro e fixo un chamamento á sociedade para dicir “xa abonda” e poñer en coñecemento das autoridades calquera caso do que teñan constancia. “Todos estamos obrigados (…) acabar co terrorismo machista é un compromiso de Estado e de país”.

Un total de 31.161 mulleres atópanse dentro do Sistema de Seguimento Integral nos Casos de Violencia de Xénero (VioGén) por malos tratos, das que 17 delas atópanse en risco extremo e 706 en risco alto, con medidas de protección reforzadas. Dos oito casos confirmados de violencia de xénero, cinco atopábanse dentro do sistema VioGén.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha