Maroto destaca ante Nacións Unidas a aposta de España polo turismo sostible

A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto interveu en Nova York no Foro de Alto Nivel da Asemblea Xeral da ONU sobre o turismo sostible e resiliente. Na súa intervención durante o acto, titulado ‘Putting sustainable and resilient tourism at the heart of an inclusive recovery’, Maroto destacou que España é pioneira na posta en marcha dos Plans de Sustentabilidade Social dotados con 20 millóns de euros e instou aos estados membros da ONU para incluír a dimensión social nas súas políticas turísticas para impulsar unha recuperación inclusiva do turismo a nivel mundial. No seu discurso na ONU, a ministra destacou a visión que España ten do turismo como elemento esencial de desenvolvemento económico e social, que xera empregos dignos, evita o despoboamento e é capaz de poñer en valor o patrimonio natural e cultural das nacións, contribuíndo á súa conservación. A ministra concluíu a súa intervención cun chamamento para «converter ao turismo nunha ferramenta que contribúa a ter unha sociedade máis próspera, máis xusta, máis igualitaria e máis inclusiva».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha