Marrocos exclúe a España da «Operación Paso do Estreito»

Este verán non haberá Operación Paso do Estreito entre España e Marrocos. O Goberno marroquí excluíu aos portos españois da operación, invocando razóns sanitarias, igual que fixo o ano pasado. A decisión supón que os marroquís que cada verán regresan ao seu país de vacacións só poderán facelo a través de tres portos, os de Marsella e Sète, en Francia, e o de Xénova, en Italia, nos que ademais deberán presentar un test PCR negativo. Esta decisión é un duro golpe para os millóns de marroquís residentes en diferentes países europeos, que cada verán atravesan España en vehículos e embarcan en ferris en distintos portos para cruzar a Marrocos. Deles, o máis importante é o de Alxeciras. En 2019, máis de tres millóns trecientos mil pasaxeiros e 760.000 vehículos atravesaron desta forma o Estreito.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha