O Goberno español convocou de urxencia á embaixadora do país africano en Madrid, Karima Benyaich, tras unhas inusuais declaracións do presidente do Goberno marroquí Saadenin Otmani. Otmani afirmou nunha entrevista televisiva que ao solucionar o conflito do Sahara Occidental tratará con España o tema da soberanía de Ceuta e Melilla, dúas cidades españolas reclamadas pola clase política nacionalista de Marrocos. Otmani asegurou que a resolución do conflito do Sahara Occidental é prioridade, pero que o seu país está listo para discutir sobre o que eles chaman o expediente tabú de España. Unha caixa de pandora que o Goberno español non está disposto a abrir. A través dun comunicado, a Oficina de Información Diplomática, do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación de España, pediu a presenza da embaixadora marroquí baixo a premisa de que «todos os seus socios respecten a soberanía e integridade territorial» do país.