Marta Lois deixa a primeira liña política e volve á docencia na universidade

A candidata de Sumar Galicia nas pasadas eleccións galegas, Marta Lois, anunciou este xoves que se reincorporará ao seu posto como docente na Universidade de Santiago de Compostela, pero continuará ligada a Sumar nun papel que decidirá «no futuro». Lois sinalou que a decisión de regresar á súa actividade profesional como profesora na Facultade de Ciencias Políticas de Santiago non supón a súa desvinculación do proxecto da que foi portavoz e deputada nas Cortes, cargos aos que renunciou para ser cabeza de lista en Galicia o pasado 18 de febreiro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha