42
As galegas Marta Ortega e Yolanda Díaz entraron na lista das 25 mulleres máis influentes de España, segundo a revista Forbes. A filla de Amancio Ortega e a ministra de Traballo entran nunha lista en que aparecen tamén a raíña Letizia e a presidenta do Banco Santander, Ana Botín. A revista salienta de Marta Ortega a súa implicación na transformación dixital de Inditex e cre que está preparada para dirixir a empresa no futuro. Para Forbes, Yolanda Díaz gañou peso mediático e influencia grazas á súa mediación entre a patronal e os sindicatos.