Marta Skyba, voz dos ucraínos en Vigo, pregoeira da festa da Reconquista

Abel Caballero continuou desvelando as propostas para recibir as distincións na gala que se celebrará o mércores, 23 de marzo, e que se suman ás xa anunciadas en días anteriores. E ademais revelou que a situación do pobo ucraíno, país que está a ser atacado polo exército de Putin, ocupará un espazo relevante na Reconquista deste 2022.

Marta Skyba, a responsable en Vigo da Asociación Galega de Axuda a Ucraína, será a encargada de ler o pregón. Skyba é unha “viguesa nacida en Ucraína”, en verbas de Caballero, residente na cidade desde hai máis de oito anos e unha muller “que sempre traballou coa colectividade de Ucraína en Vigo, viguesa de pro e moi involucrada no entorno”.

O alcalde vigués expresou que “quero que (Marta Skyba) sexa a voz das ucraínas e dos ucraínos na Reconquista de Vigo”, unha festa que este ano “levará as cores vermello e branco da bandeira de Vigo e tamén as cores da bandeira de Ucraína”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha