Martin Bello Bugallo, Aleiro especialista no tiro de tres puntos como indican case o 40% de acertos nas 4 tempadas nas que xogou na Liga EBA, chegando na 2018/19 a un 53%, renova polo equipo carballés. A esta facilidade para o tiro de longa distancia únese a súa capacidade física, a que lle debe permitir converterse nun xogador máis completo e máis importante en tarefas reboteadoras, tanto en ataque como defensa.
O equipo estará baseado no grupo da pasada tempada no que deportivamente e a nivel humano adáptese ao estilo do grupo; con esas características, renova Martín Bello, xogador coruñés de 1,95 mts de altura e 23 anos de idade. Xogador da canteira de Basquet Coruña e que xa coincidiu con moitos dos seus novos compañeiros noutras tempadas, Martín vén de promediar 10 puntos no seu último ano en liga EBA, categoría na que suma 1316 minutos e 486 puntos; anteriormente, completou unha tempada 2017/18 en LEB PRATA disputando un total de 26 partidos co Xuven de Cambados.