Martín López Franco (2001) representou á A.D. Fogar no LXVIII Campionato de España de Natación Absoluto Open P25 celebrado na Nova de l´Escullera de Barcelona con 143 equipos e 638 nadadoras e nadadores en liza. Martín, nadou as eliminatorias da proba dos 50 metros braza acadando unha mellor marca persoal de 0:28»73, tempo co que foi 25º nunha proba de altísimo nivel na que se bateu o rédord de España cun tempo de 0:26»27. Nesta ocasión Martín bateu tamén o récord absoluto do club en piscina curta que el mesmo posuía.