Martín Seco leva ao Parlamento o nomeamento de Blanco Paradelo como alto cargo do Agader

Martín Seco, PSdG-PSOE

O portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, Martín Seco, levou unha pregunta oral ao Pleno do Parlamento para esixirlle ao conselleiro de Medio Rural que responda do “escandaloso” nomeamento do ex parlamentario do PP e portavoz en O Barco de Valdeorras, Moisés Blanco Paradelo, como alto cargo do Agader.

O responsable socialista criticou a “tomadura de pelo á cidadanía” que o goberno galego modificara os criterios da convocatoria para adecualos ao perfil dun sinalado militante do seu partido, facendo da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural –Agader- un “chiringuito para a colocación de amigos”.