Martín Seco, reclama “cantas medidas sexan necesarias” para salvar os postos de traballo de San Cibrao

Martín Seco, PSdG-PSOE

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Martín Seco, reclama “cantas medidas sexan necesarias, incluída a intervención pública temporal” de Alcoa para salvar a actividade industrial e os postos de traballo de San Cibrao. Seco presentou unha emenda a unha proposta do BNG, que se debaterá no Pleno, para trasladar a Galicia un acordo semellante ao acadado en Madrid a semana pasada.

O responsable socialista apelou aos grupos parlamentarios para “continuar coa senda de unidade de acción para salvar a actividade industrial e os postos de traballo da factoría”, incluíndo na proposta a posible intervención “para a súa posterior venta a un inversor privado que garanta un proxecto industrial viable”.