Martín Seco tilda de ‘fracaso’ os Orzamentos de Medio Rural para o próximo ano


O portavoz de Agricultura e Política Forestal do Grupo Socialista, Martín Seco, denunciou a “falla de xestión” dos Orzamentos do Medio Rural, que “fracasan no impulso ao interior e o freo do abandono do rural. Así o dixo na presentación dos orzamentos desta Consellería en Comisión Parlamentaria, onde reclamou un novo Plan Forestal, logo de converter o actual texto en “papel mollado”. Sinalou que “o medio rural necesita de políticas transversais” baixo os eixos da mellora das rendas da poboación rural, a mellora dos servizos públicos e recuperar a confianza no futuro do medio. Pola contra, as contas presentadas pola Xunta “non apostan por incrementar os servizos públicos no rural, nin polas infraestruturas viarias necesarias para o desenvolvemento das comarcas do interior, nin no impulso das capacidades dos polígonos industriais”, concluíu.