10
A ferrolá Martina Aneiros tomou posesión como delegada da Xunta en Ferrol este venres nun acto que se celebrou no Edificio Administrativo da Xunta. A delegada deixou claro na súa intervención que poñerá todo o seu ‘esforzo, traballo, dedicación e empeño diario’ en ‘unha cidade á que lle debo todo’. A nova delegada pediu a implicación de todas as administracións no Pacto de Estado. É necesario, dixo, para a transformación e o desenvolvemento das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. O acto estivo presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.