A máis recente enquisa a cerca dos resultados das eleccións municipais do vindeiro 26 de maio (do mesmo tipo que a que no 2015 lle daba 3 concelleiros a Marea na Coruña e sacou 10), vaticina que, Compostela Aberta continuará na alcaldía de Santiago, cun “proxecto de cambio instalado nunha nova etapa de futuro na cidade”, como declarou alcalde actual e candidato do partido, Martiño Noriega. Pero sen dúbida, o resultado que máis chamou a atención foi a entrada de Vox en Raxoi con dous concelleiros, un 8,5% dos votos estimados. O alcalde tamén quixo facer referencia á polémica xerada polas acusacións do PP estas últimas semanas de tratos de favor aos familiares dos membros de Compostela Aberta, é recalcou que “se fían as súas esperanzas nunha campaña de acoso e derribo” pódelles “volver en modo boomerang“. “Praxes e formas de actuar”, engadiu, “que son caldo de cultivo da extrema dereita“.