Masacre nunha escola primaria de Texas: polo menos 21 mortos, entre eles 19 nenos


Un tiroteo nunha escola primaria de Texas deixa 21 mortos, dous adultos e 19 nenos; ademais de catro feridos, no segundo maior tiroteo que se produce nun colexio nesta década. Os feitos producíronse na localidade de Uvalde, cuxos alumnos son de maioría hispanos pola súa proximidade coa fronteira con México. O atacante, identificado como Salvador Ramos, un home de 18 anos que residía na cidade e cuxas motivacións de momento se descoñecen, foi abatido máis tarde pola Policía. Coas bandeiras a medio mastro, o presidente de EE. UU., Joe Biden tras a súa xira por Asia, deu un discurso á nación, preguntando cando o seu país se plantará ante o “lobby” de armas.