28
Un atentado suicida nunha mesquita de Peshawar, en Paquistán deixa polo menos 61 mortos. O terrorista detonou o seu artefacto explosivo cando uns 200 fieis se reuniron para rezar. Decenas de persoas resultaron feridas. Crese que moitas das vítimas son axentes de policía, xa que a mesquita atopábase nun extenso recinto que tamén serve de comisaría. As testemuñas afirman que a forza da explosión provocou o derrube do tellado, o que dificultou os labores de rescate. Segundo a policía, non se reivindicou inmediatamente a autoría do atentado, pero outros atentados similares ocorridos anteriormente foron atribuídos aos talibáns paquistanís.