Máscaras para todo o alumnado dos colexios de Ponteceso

0 minutes read
Nena usando unha máscara_Leo_Fontes, Pixabay

O Concello de Ponteceso entregará máscaras a todo o alumnado de infantil e primaria para afrontar este novo curso escolar tan atípico, onde toda precaución é pouca.

Os nenos e nenas matriculados no CRA Nosa Señora do Faro, no CEIP Eduardo Pondal e no CEIP As Forcadas de Corme recibirán unha máscara de tea reutilizable a partir do próximo luns.