Mascotas como terapia para nenos enfermos

1 minutes read
  • Este tipo de terapias con mascotas xa se usaban na antiga Grecia

Hai agasallos que non teñen prezo, e ninguén mellor que Papá Noel para regalar agarimo. Desde o Polo norte, un dos homes máis famosos do planeta viaxou ata a fundación Gajusz, na cidade polaca de Lodz, para que os máis pequenos con enfermidades terminais poidan gozar da compañía de varios animais como Hava, un bulldog francés de dous meses que xa acompaña a Zuzia, unha nena cega e xorda, e a Ignacy, que padece a enfermidade de Menkes.

“Non sabemos cando nos deixarán os pequenos, por iso queremos que teñan todo o que deben ter na casa. Tratamos de darlles tanto amor e alegría como sexa posible durante o seu curto tempo na terra”, explica ao diario Euronews Natalia Pasiecznik, directora do centro.

Todos os pacientes foron examinados para comprobar que non teñen ningunha alerxia. A terapia con mascotas baséase no vínculo natural entre animais e seres humanos. Segundo a Fundación Affinity, é un método que xa estaba presente na Grecia antiga e, ademais de achegar paz e tranquilidade en patoloxías, supón tamén un bo remedio contra a soidade.