Maside, Vilardevós e Paradela no nivel máximo de restricións a partir do venres

Os concellos de Vilardevós e Maside en Ourense, e de Paradela (Lugo), permanecerán desde este venres, festivo en Galicia, dentro das restricións máximas para tentar evitar a propagación do coronavirus. Nestes tres municipios quedarían prohibidas as reunións de non conviventes e tampouco estaría permitida a mobilidade fóra do perímetro municipal, mentres que a hostalería debería permanecer pechada, salvo o servizo de recollida e a domicilio.

Segundo o acordado polo comité clínico na súa reunión deste martes, nos municipios coruñeses de Sobrado, Neda e Arteixo, os pontevedreses de Soutomaior e Pontecesures, e os ourensáns de Boborás e A Mezquita rexerán as medidas de nivel alto.

Os habitantes destes municipios só poderían moverse entre concellos deste mesmo nivel e poderían reunirse cun máximo de catro non conviventes. O interior dos locais de hostalería debería permanecer pechado, mentres que poderían abrir as terrazas cun 50% de ocupación ata as 18.00 horas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha