Masiva manifestación contra a deterioración da sanidade de Madrid


Unha marea branca de decenas de miles de veciños levantouse este domingo contra a deterioración da sanidade pública na Comunidad de Madrid. A marcha formada por catro columnas discorreu polas principais arterias ata o centro da capital española. A manifestación reclama ao Goberno do Partido Popular de Isabel Díaz Ayuso que deixe de desmantelar a sanidade pública.

Un dos puntos máis controvertidos das medidas do executivo rexional é a de deixar 29 centros de saúde madrileños cunhas urxencias nas que só haxa unha enfermeira e o médico atenda por videochamada. «Faltan recursos sobre todo persoais, falta moito persoal, falta tamén material, falta formación e tranquilidade e coidado cara aos profesionais e cara ao paciente, está claro», sinala unha das manifestantes.
Ayuso acusou aos médicos de boicotear a reapertura das urxencias hospitalarias. Cando os médicos sinalan que o problema xa existe.

O día 21 de novembro está convocada unha folga indefinida para 5.000 médicos e pediatras da Atención Primaria madrileña que se sumaría á que xa existe desde este 7 de novembro e que efectúan máis de 200 facultativos dos antigos Servizos de Urxencia de Atención Primaria e Servizos de Atención Rural.