Masiva protesta contra a lei de extradición en Hong Kong


Decenas de miles de manifestantes toman as rúas de Hong Kong. Protestan contra a proposta de lei de extradición que estenderá os poderes de Pequín sobre o centro financeiro.

Esa lei permitiría que Pequín accedese a « fugitivos» no territorio hongkonés para xulgalos en China. Vitoria Park asolagouse de camisetas blanacas e paraugas amarelos, símbolo das manifestacións de 2014 en favor da democracia de coñecidas como a «Revolución dos Paraugas».

A polémica lei, que podería aprobarse o mes que vén recortando as liberdades fundamentais da ex comlonia británica, provocou a principios de maio unha pelexa no parlamento que acabou con algúns deputados feridos.

Os manifestantes denuncian que Hong Kong perdería a súa independencia respecto a Pequín e a situación podería afectar moi negativamente á economía local.