51
Ata aquí achegáronse cociñeiros/as da asociación Coruña Cociña, organizadora da iniciativa, para aprender dos mestres da marca francesa de chocolates Valhrona, considerada unha das mellores do mundo. Repartidos/as en dúas quendas, profesionais e aprendices puideron descubrir algúns dos segredos máis doces da cociña e, sobre todo, da repostería. A masterclass coincidiu en pleno período de prácticas dos/as 15 alumnos e alumnas de cociña da Escola Municipal de Hostalaría, que despois de nove meses de formación teórica e práctica poden demostrar as súa preparación en establecementos de toda a provincia. As prácticas prolongaranse ata finais de agosto.