Mata a súa ex-muller, a ex-sogra e a ex-cuñada en Valga

O suceso ocorreu en Carracido, na parroquia de Cordeiro. O autor confesou o crime despois de fuxir do lugar entregandose no cuartel da Garda Civil do Milladoiro, en Ames, preto de Santiago. O xa detido estaba en trámites de separación da súa muller, á que lle disparou, ao igual que á irmá desta e á nai de ambas. Fontes da investigación indicaron que o crime se cometeu a primeira hora da mañá deste luns. Con este crime, son xa 41 as mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex-parellas no que vai de ano e 28 os menores que quedaron orfos. Desde 2003 1.016 mulleres foron vítimas de crimes machistas. Ademais, este é o segundo asasinato machista que se produce en Valga neste ano, un concello duns seis mil habitantes. No mes de marzo un home matou a súa muller cunha escopeta de caza e despois suicidouse.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha