Mata á súa muller en Sigüeiro cunha arma branca e logo suicídase

A investigación da Garda Civil sobre a morte de dous anciáns en Sigüeiro, no concello coruñés de Oroso, sinalou que se trata dun caso de violencia de xénero no que posteriormente se suicidou o home.

Os cadáveres pertencen a un home de 88 anos e unha muller de 80, ela con mobilidade reducida dende hai anos. Segundo indica a Garda Civil, sobre as 11:30 horas deste venres recibiu unha chamada do servizo de emerxencias 112, en que os alertaba da aparición de dous cadáveres nun piso, situado na rúa Castaños

Foi a nora de ambos, que ía atendelos a diario, quen atopou os cadáveres con claros signos de violencia, pois tiñan feridas de arma branca. Os investigadores comprobaron que non había signos da presenza de terceiras persoas no domicilio nin de que forzase ningún dos accesos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha