Mata a tiros a tres xendarmes que socorrían a unha muller vítima de violencia familiar

1 minutes read

Un home de 48 anos, e fortemente armado, recibiu a tiros os axentes que acudiron a atender a chamada de socorro dunha vítima de violencia machista. Despois de disparar contra os axentes, o home prendeulle lume á vivenda e fuxiu. Tres dos xendarmes quedaron mortos e un terceiro ferido nunha perna. A muller conseguiu subirse ao tellado da casa para escapar do seu agresor e saíu ilesa. Poucas horas despois, o cadáver do agresor apareceu nun lugar non especificado da zona onde estaba sendo intensamente buscado por un amplo dispositivo policial, en que participaban unidades de elite da xendarmería francesa.  O sospeitoso tiña antecedentes por problemas sobre a custodia dun menor.