Un home de 49 anos de idade foi detido este venres por axentes da Garda Civil no municipio de Samos por acoitelar supostamente ata a morte un veciño, un home de 82 anos de idade, Manuel L.V, e a súa muller, Consuelo, de 73, que resultou ferida de gravidade. Segundo a Comandancia de Lugo, o cadáver do home apareceu nun cortello e a muller, ferida de gravidade, entre a corte e a casa familiar, en Lamas, na parroquia de San Mamede do Couto. Fontes da investigación indicaron que o detido tiña desde facía tempo desavinzas cos seus veciños a causa dunhas leiras. Fontes da súa contorna indicaron que o home detido era un veciño “problemático” e “tiña ameazadas” ás vítimas. O sospeitoso foi detido como investigado polos supostos delitos de homicidio e homicidio en grao de tentativa. Da investigación fíxose cargo a Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Garda Civil en Lugo.
55