Matan a un mozo dunha malleira na Coruña

Policía Nacional

Un mozo de 24 anos faleceu este sábado no Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña tras ser agredido de madrugada na zona do paseo marítimo coa avenida de Buenos Aires, segundo confirman fontes da Delegación do Goberno. A Policía Local interveu nun primeiro momento, pero a investigación lévaa agora a Policía Nacional. Fontes próximas ao caso indican que o falecido foi agredido na rúa e que non se utilizaron armas na pelexa. Por agora non hai detidos. parece ser que a liorta se iniciou porque o mozo estaba a facer unhas fotos ou unha videochamada e un grupo de persoas increpoulle. A Policía Nacional revisa as cámaras de seguridade da zona para tratar de identificar as persoas que participaron na agresión. Os servizos médicos tentaron reanimar á vítima durante dúas horas. O mozo tiña múltiples golpes na cabeza, aínda que a causa do falecemento confirmarao a autopsia.