A xornalista e asistente na cámara baixa do Parlamento afgán Mina Mangal foi asasinada este sábado a tiros en Cabul, segundo informaron fontes oficiais. Mangal, que traballou durante anos como presentadora e produtora en varias canles de televisións locais antes de pasar a traballar no Congreso, foi asasinada “por un grupo de atacantes” que non foron identificados cara ás 7:20 da mañá, hora local, segundo sinalou nun comunicado o portavoz do Ministerio do Interior, Nasrat Rahimi. O suceso produciuse no céntrico mercado de Karte Naw. Os homicidas chegarían en moto, dispararon e fuxiron rapidamente do lugar, segundo as testemuñas.