Matan a tres presentadoras de televisión en Afganistán


Tres presentadoras de televisión afgás morreron tiroteadas e outras dúas mulleres quedaron feridas en dous ataques rexistrados no oeste do país. Varios individuos armados dispararon contra as traballadores de Enikass RTV en dous lugares diferentes de Jalalabad, a capital da provincia de Nangarhar. As xornalistas dirixíanse ás súas casas logo do traballo, segundo informa o propia televisión nun comunicado. Enikass RTV é un dos principais medios de comunicación da rexión. Este é o segundo ataque contra mulleres xornalistas desta canle que se produce nos últimos tres meses.