Mocap, de Matías Daporta e María de Dueñas, volve este xoves a Carballo


  • O venres será o turno de Thomas Noone con After the party

A “Primavera enDanza” continúa activa en Carballo. Este xoves, a partir das 20 horas, estréase no Pazo da Cultura Mocap, o espectáculo de Matías Daporta e María de Dueñas que se xestou durante a Residencia Paraíso promovida polo colectivo RPM.

O venres será o peche final da XIX edición de Primavera enDanza con Thomas Noone, unha das figuras máis importantes da danza contemporánea en España e finalista dos Premios Max 2020 na categoría de mellor intérprete masculino de danza. Este bailarín inglés, afincado en Barcelona, volve ao escenario carballés para presentar o espectáculo After the party, unha conversa entre Thomas Noone e o seu alter ego. Esta obra tamén poderá verse no Pazo da Cultura a partir das 20:00 horas.

Entradas en ataquilla.com.