MAVI comezou a súa viaxe polos centros educativos de Vimianzo

‘MAVI’, a iniciativa da subdelegación do Goberno contra a violencia de xénero, comezou este xoves 27 de outubro, a súa ‘viaxe’ polos centros educativos de Vimianzo para achegar a lectura respecto a esta temática tan sensible e importante a toda a comunidade da provincia, especialmente a dos rurais, que teñen maior dificultade para acceder a este tipo de recursos.

Este xoves, Xiomara Lazo presentou esta idea no CEIP de Castromil á rapazada e ás súas familias, que a partir de agora mesmo van poder levar a maleta aos seus fogares. O venres 4 de novembro recollerase para viaxar o luns 7 de novembro cara a Escola Unitaria de Carantoña. 

Acompañaron a Xiomara Lazo a concelleira de Benestar Social, María José Pose, e o profesor do centro, José Santamaría.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha