Maxia e ilusión coa visita dos Reis Magos

1 minutes read

Multitude de cabalgatas levaron a maxia do Nadal a todas as vilas e aldeas da Costa da Morte. Os Reis Magos chegaron a todos os recunchos da costa e do interior cargados de agasallos. O tempo acompañou e en Carballo tivo lugar unha das cabalgatas máis multitudinarias coas rúas abarrotas de xente. O alcalde, Evencio Ferrero, deulle a benvida as súas Maxestades nunha Praza do Concello ateigada de nenos e nenas que lles pediron os seus desexos con todo o entusiasmo de que se lles cumpran. Vistosas cabalgatas encheron tamén o resto de vilas da comarca.

Praza do Concello de Vimianzo.
Reis Magos en Camariñas.
Cabalgata por Malpica.