Maxia e ilusión en Camariñas da man de Papá Noel


Este sábado, 24 de decembro, Papá Noel chegou a Camariñas para visitar a todos os nenos e nenas do municipio, e fixo cunha cabalgata única na comarca que o levou a percorrer todas as rúas do municipio. A recepción na casa do concello, por parte da alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, tivo lugar ás 11 horas e a partir de aí, desde a Praza da Insuela, comezou o seu itinerario, que rematou pasadas as 20 horas.