As nenas e nenos que participarán, desde este luns, no V Campus de Tecnificación, recibirán camiseta e máscara reutilizable con certificado oficial, da empresa Balcotex.
Pero ese primeiro día deben chegar coa súa propia máscara e acceder ás instalacións xa en roupa de deporte (por seguridade, non se habilitarán os vestiarios) e logo pasar polas alfombras desinfectantes e lavar ben as mans con hidroxel; tamén lles tomarán a temperatura. O acceso faráse polo Anexo, debido ás obras no campo principal. Os acompañantes non poderán entrar nas Eiroas.
Ademais, entregaráselle aos xogadores e xogadoras a información do protocolo de seguridade valedeiro para todos os días de actividade.
As actividades realizaranse en grupos de traballo de un máximo de 15 participantes, incluído o monitor. Os grupos serán independentes na práctica, sen contacto cos demais grupos.
Cada grupo de traballo utilizará o seu propio material, e todo o que sexa imprescindible compartir desinfectarao o monitor antes de cada sesión.
