As autoridades australianas declaran na zona de Sídney a situación catastrófica, o máximo nivel de alerta, mentres loitan contra centos de incendios en todo o país. Polo menos catro persoas morreron nos últimos dous días, dous deles bombeiros. A maior cidade australiana atópase asfixiada por unha nube de fume tóxica con temperaturas de ata 47 graos centígrados. O lume, a só 130 quilómetros de distancia, axexa a localidade desde o norte, o sur e o oeste. Unha vintena de bombeiros e varios policías resultaron feridos. A tempada anual de incendios comezou este ano antes do habitual tras un inverno seco. Uns tres millóns de hectáreas queimáronse nos últimos meses, nove persoas morreron e unhas 800 vivendas foron pasto das chamas.