Mazaricos | Aberto o prazo para anotarse ó Nadal Lúdico dos escolares

0 minutes read

O concello de Mazaricos abreu o prazo para anotar a rapazada ó Nadal Lúdico.

Esta iniciativa consiste en diferentes actividades dirixidas ós nenos e nenas para favorecer a conciliación familiar nos días laborais destas vacacións. As actividades levaránse a cabo no colexio de San Cosme, no antigo colexio do Pino de Val e no local social de Eirón, en horario de 9h a 14:30h.

As persoas interesadas pódense inscribir ou consultar máis información consultando ós Servizos Sociais do concello, no teléfono 981 86 71 04.