Mazaricos abre a terceira casa do maior

1 minutes read

No concello de Mazaricos están levando a cabo un proxecto de renovación e adaptación das antigas escolas unitarias para poder ofrecer nelas os servicios de casas do maior.

Ata agora, estaban en funcionamento a Casa do Maior da Picota e a de Alborés, e dende esta semana xa está en funcionamento unha nova casa do maior no lugar de Suevos.

O concello compartía a boa nova: “Mazaricos conta xa coa terceira Casa do Maior coa colaboración do Concello. Está situada en Suevos e xestionada por Colaxe, axudando a dar un importante servizo á poboación maior mazaricá.”

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?