Mazaricos abre a terceira casa do maior

Inauguración da 3ª Casa do Maior en Suevos.

No concello de Mazaricos están levando a cabo un proxecto de renovación e adaptación das antigas escolas unitarias para poder ofrecer nelas os servicios de casas do maior.

Ata agora, estaban en funcionamento a Casa do Maior da Picota e a de Alborés, e dende esta semana xa está en funcionamento unha nova casa do maior no lugar de Suevos.

O concello compartía a boa nova: «Mazaricos conta xa coa terceira Casa do Maior coa colaboración do Concello. Está situada en Suevos e xestionada por Colaxe, axudando a dar un importante servizo á poboación maior mazaricá.»

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha