Mazaricos acollerá este luns un encontro agro-gandeiro con Ana Pontón

2 minutes read

A candidata do BNG á presidencia da Xunta e actual líder da oposición, Ana Pontón, convida a todas as persoas interesadas da comarca a unirse a ela nun encontro as 11 da mañá no Hotel Casa Burro para comentar cales van ser as liñas do BNG en materia de gandeiría e tamén as inquedanzas do sector.

O vindeiro luns, 29 de Xaneiro, Mazaricos voltará contar ca visita de Ana Pontón. A candidata a presidencia da Xunta volta ó Xallas para explicar as súas propostas de goberno en materia do agro e ideas para levar a cabo como portavoz do BNG e posible presidenta da Xunta. Ás 11da mañá, Ana tomará un café con xente vinculada ao sector gandeiro nun acto aberto. O Bloque Nacionalista Galego tamén busca con este encontro recoller aquelas propostas que os gandeiros e gandeiras esperan que se leven a cabo nun goberno do BNG.

A visita de Ana Pontón a Mazaricos, constará de dous actos, xa que primeiro visitará a Gandería Chelo, de Asenso. Ana escolleu esta gandeiría polo seu exemplo de gandería rexentada por unha muller, axudada pola súa filla, que retornou da emigración e ante a falta de espectativas laborais, decidiu montar unha granxa de vacas de leite, partindo de cero, xa que na súa casa non había ningunha estrutura gandeira previa, nin base territorial propia. Un exemplo de éxito, a pesar das adversidades, como por exemplo a falta de base territorial (ten case todo alugado) ou a constante crise de prezos que sufriu o sector ata hai pouco.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?