Mazaricos acolleu a terceira proba do circuíto Correndo pola Costa da Morte

1 minutes read

Aproveitando o Día da Nai, a Carreira Pedestre de Mazaricos serviu de homenaxe para todas estas mulleres que son alicerce da nosa sociedade. 800 atletas participaron nesta VI edición da carreira mazaricá, que ademais é a terceira proba do circuíto de carreiras populares Correndo pola Costa da Morte.

Despois de Camariñas e Vimianzo, esta fin de semana Mazaricos acolleu a terceira carreira deste circuito, que continuará en Dumbría (próxima parada o 20/05), Zas, Carnota, Cee, Muxía Corcubión e Fisterra. Podedes consultar máis información ou inscribirvos na seguinte ligazón https://correndopolacostadamorte.com/.

Un ano máis, organizouse nun total de seis categorías: sub12, sub10, Pitufos, 3K Contra o Cancro, Sub 14-16-18 e 10K. Nesta última proba, na categoría absoluta resultaron gañadores Francisco Pais Fondo, cun tempo de 32:54, e Tina Fernández Barreiros, con 38:07.

Os mellores atletas locais foron Fernando García Rodríguez (50:34) e Rocío Alvite Ferreiro (40:44).

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?