Mazaricos | ADEGA procura recorrer no TSXG a paralización do parque eólico Alvite II

PIXABAY

ADEGA procura fondos para poder recorrer no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a autorización do Parque Eólico Alvite II, en Mazaricos, Negreira e Santa Comba, que terá un impacto directo sobre o Camiño de Santiago e sobre os mananciais que abastecen a veciñanza. ADEGA pide a colaboración cidadá para a recadación de fondos que permitan facerlle fronte aos gastos derivados dos trámites administrativos, tal e como acontecía co recentemente paralizado parque do Campelo. As doazóns que se realicen poden desgravar en Facenda ata un 80%.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha