Mazaricos | Anúlanse 5 eólicos dos parques da Picota

Nos proxectos das poligonais eólicas que comprenden o concello mazaricán contábase con que colocaran 15 aeroxeneradores entre os parques de A Picota I e II, Alvite II, Banzas, Maragouto, Sancosmeiro e O Vao; pero a ubicación de 5 deles, do parque A Picota I e II, foi anulada por un informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural pola súa proximidade ó camiño de Santiago na súa ruta cara Fisterra.

Este logro levouse a cabo despois de que o concello xuntara máis dun millar de alegacións contra estes proxectos por parte da veciñanza. Dende o Concello aseguran ademais que realmente os dous proxectos son un megaproxecto fragmentado de forma artificial, polo que agardan que a sentenza do TSXG que paraliza o P.E. Campelo sente xurisprudencia.

Este feito deixa no aire o futuro dos dous parques da Picota. Unha pequena batalla vencida polos veciños de Mazaricos, mentras agardan que a Xunta se faga consciente do caso e que vele polo mantemento do patrimonio.

Related posts

Arteixo, entre os concellos galegos que máis medraron no século XXI

Presentado en Cerceda un impulso a empregabilidade das persoas afectadas polo peche das centrais térmicas

Dous traballadores feridos tras caer dun tellado en Mazaricos