32
O Concello de Mazaricos pon a disposición da veciñanza un servizo de recollida a domicilio de mobles, electrodomésticos, pilas, baterías ou medicamentos entre outros; para o seu correcto reciclaxe no punto limpo.
O obxectivo desta acción é a de procurar facilitar e fomentar a reciclaxe entre a veciñanza sen a dependencia do horario de apertura do punto limpo.
Para solicitalo, os veciños poderán contactar co número de teléfono do concello 981 86 71 04, e concertar así a recollida.