O Concello de Mazaricos acaba de ampliar en 500 horas mensuais o Servizo de Axuda non Fogar (SAF), logo de que a Consellería de Política Social atendese a demanda que en tal sentido presentoulle o equipo de goberno que preside Juan Blanco. Iso implica que o Concello pasará a contar cun 25% de horas máis de SAF, pasando de 2.087 a 2.587 horas mensuais.
O incremento horario permite aliviar a lista de espera, na que actualmente non figura ningunha persoa usuaria cun grao de dependencia grave ou moderado. A concelleira de Política Social, Sandra Alvite, mostrou a súa satisfacción por este logro, e lembrou que o SAF foi unha das grandes apostas dun Concello cun gran número de veciñas e veciños de idade avanzada. “Dar unha resposta adecuada ás necesidades sociais será sempre unha prioridade para este Concello”, destacou Alvite.