Mazaricos convoca o concurso de fotografías para o Calendario Municipal 2023

1 minutes read

O calendario será editado polo Concello e este concurso lévase a cabo para por en valor os distintos lugares de Mazaricos.

As persoas interesadas en participar poderán achegar as fotografías ao correo concellodemazaricos@gmail.com xunto cos seus datos. Poden acceder as bases do concurso no seguinte enlace: bases do concurso de fotografías para o calendario 2023.

Poderanse presentar fotografías ata o 7 de novembro, e estas deben estar realizadas dentro do municipio e non ser publicadas en outros concursos ou redes sociais. Despois, serán publicadas nas redes do concello e escolleránse finalmente as que mellor acollida reciban. O 8 de decembro de 2021 anunciaranse as fotografías gañadoras.