Un peregrino resultou atropelado por un tractor este mércores no lugar de As Maroñas, no municipio de Mazaricos. Segundo informan os bombeiros de Santa Comba, a vítima quedou atrapada por unha perna nun dos saíntes do cazo do tractor. Tiveron que cortar o elemento punzante cunha radial e cubrir ao ferido con protectores anticorte. Unha vez liberado o peregrino, que permaneceu consciente durante toda a intervención, foi trasladado en ambulancia ao hospital. No operativo participaron tamén efectivos do GES de Muros, Protección Civil de Mazaricos, Garda Civil e persoal do 061.