Mazaricos | Incendio nas instalacións da CUMA Xallas-Barcala

Foto.- GES Muros.

A alerta foi activada polo 112 Emerxencias Galicia às 05:45 horas deste mércores por lume industrial en Grille, no concello de Mazaricos, localizado na Cooperativa de Utilización de Maquinaria Agrícola de Xallas e Barcala (CUMA). O material do que se trata, palla e alfalfa, é un potente combustible que complica e prolonga a total extinción do lume, polo que, de forma controlada, arderá durante horas dentro dunha zona acoutada e segura para as persoas e bens, polo que seguirán os traballos de extinción ao longo de todo o día. Destes traballos ocúpanse varias dotacions de bombeiros de Santa Comba, Cee, AVPC Mazaricos, GES de Muros, Garda Civil e persoal do Distrito Forestal da zona.