Mazaricos organiza un curso gratuito de competencias dixitais


O programa #MullerRural 2022-2023 do concello de Mazaricos ofrece cursos gratuítos para a adquisición de competencias dixitais básicas, avanzadas ou básicas orientadas ao emprendemento.

Estes cursos teñen unha duración de 40 horas e a el poden optar todas aquelas mulleres desempregadas ou en situación de mellora de emprego.

O concello pon o seguinte número, 881 82 03 45, e o enderezo matriculas@mullerdixital.ga para recibir todas as inscricións ou para quen queira coñecer máis información sobre esta iniciativa.