O Concello de Mazaricos, organiza e acolle o vindeiro luns unha charla sobre a importancia de coidarse nas persoas coidadoras. Esta xornada chega co motivo do Día Internacional das Persoas Coidadoras, unha charla de especial interese para estas. A Charla, en colaboración ca Asociación Sarela Dano Cerebral, será impartida por Julia Lodeiro, unha psicóloga e neuropsicóloga. Esta, achegaralle as asistentes durante a xuntanza varias chaves para o autocoidado, especialmente no caso de persoas coidadoras de persoas afectadas polo Dano Cerebral Adquirido. Con esas chaves, poderase favorecer a mellora do nivel de vida das coidadoras e familiares das persoas enfermas, sendo así tamén unha forma de mellorar os coidados de ambas. A cita, terá lugar o vindeiro luns día 6 de novembro ás 10:30h na Casa de Cultura da Picota.
0